¿Quen somos?

Agrupación Local de Protección Civil do Carballiño

Organización de voluntarios creada co fin de apoiar aos servizos profesionais en emerxencias así como informar o cidadán sobre autoprotección e prevención de riscos.

Coa colaboración do Concello de Carballiño

A AGRUPACIÓN

A Agrupación bota a andar en 1983, despois de que un dos seus fundadores asistise a un curso de monitores de protección civil no mosteiro de Santa Espina en Valladolid.

En setembro dese mesmo ano realizamos o noso primeir servizo nas “festas do setembro” e a partires dese momento foron incontables as actividades e servizos que se desenvolveron.

¿A que nos adicamos?

Agrupación Local de Protección Civil do Carballiño

PROTECCION CIVIL

Esta entidade naceu orixinariamente coma unha Agrupación de Voluntarios de Protección Civil e como tal, a maioría das nosas actividades pertencen ou teñen algunha relación con este eido.

MEDIO AMBIENTE

Os numerosos ataques que sofre o noso medio ambiente e, sobre todo, a plága que constituen os incendios forestais, levounos a asumir e implantar novos proxectos de intervención neste eido, na maioría dos casos, en colaboración con outras entidades (administracións, grupos conservacionistas / ecoloxistas).

SERVIZOS SOCIAIS

A Agrupación non desenvolve directamente ningún programa relacionado cos servizos sociais, senón que colabora activamente cos seus recursos humanos e materiais con aquelas iniciativas (públicas ou privadas) que o solicitan.

SANIDADE

O colectivo participa en toda a atención sanitaria en colaboración cos dispositivos sanitarios dos diferentes eventos e, especialmente co 061, o Grupo pode desenvolver outras tarefas ou actividades relacionadas con este ámbito como xa fixo durante a pandemia de COVID.

CULTURA

A Agrupación colabora a cotío con aquelas iniciativas, tanto públicas como privadas que fomentan e desenvolvan actividades culturais.

DEPORTES

Dende a Agrupación Local de Protección Civil do Carballiño tratamos de fomenta-lo deporte, non só de cara ós nosos voluntarios (o que redunda nunha maior capacidade de intervención) senón tamén (coa axuda doutras entidades) promocionalo no noso ámbito de actuación.