Contacta connosco

Faite voluntario

Se queres formar parte do Grupo, descarga o formulario, encheo cos teus datos e entregalo na sede do Grupo.

Tes algunha pregunta?

Ou podes enviarnos as túas preguntas ao seguinte formulario.

¿Quen pode ser voluntario/a?

Calquer persoa maior de 18 (ou de 16 con permiso paterno/materno) que non se atope incapacitada para desenvolver as tarefas que realizamos e teña tempo libre que poda adicar o voluntariado.

¿QUE TEÑO QUE FACER PARA SER VOLUNTARIO/A DE PROTECCIÓN CIVIL NO CARBALLIÑO?

Deberás cubrir todolos datos do impreso que poderás descargar dende aquí e entregalo na sede da Agrupación, xunto con unha fotografía tamaño carnet.

¿CÓBRASE POR SER VOLUNTARIO/A DE PROTECCIÓN CIVIL?

Non, a clave do espírito do voluntariado é a dedicación altruísta sen consideracións monetarias ou doutro tipo. Os/as voluntarios/as sí poderán ser compensados polos gastos que lle orixinen a prestación de determinados servizos para a Agrupación.

¿TEN ALGÚN CUSTO ECONÓMICO SER VOLUNTARIO DE PROTECCIÓN CIVIL?

Non. É completamente gratuito. A Agrupación proporciona ao voluntario/a o uniforme, e durante o servizo, os elementos necesarios para o desenvolvemento da actividade como roupa de protección, equipos de transmisión, material sanitario, etc. Ademais, os/as voluntarios/as están cubertos por un seguro de accidentes.

¿É OBRIGATORIA A ASISTENCIA A TODOLOS SERVIZOS?

A actividade é, como o seu nome indica, voluntaria. Ti decides, en función da túa dispoñibilidade e capacidade, o número de horas de voluntariado que queres realizar ao ano ou a que operativos ou preventivos apuntarte. Asistir ás reunións e Asembleas é conveniente porque é onde se planifican e organizan os servizos e o funcionamento da Agrupación e é a mellor forma de manterse informado.

¿CAL É O MEU TRABALLO NUN OPERTIVO OU NUN SERVIZO PREVENTIVO?

As tarefas encomendadas ao voluntario defínense ao comezo de cada servizo. O encargado de planificar o dispositivo explicará as tarefas que debe ter cada voluntario. Tamén se lle informará dos tempos de descanso, rotacións e lugares ou puntos nos que debe estar presente.