¿Quen somos?
Agrupación Local de Protección Civil do Carballiño
Un pouco de historia
A Agrupación naceu no ano 1982, por iniciativa do entón alcalde e dun policia local. De seguido integráronse na mesma un grupo de persoas, homes e mulleres, que desexaban dedica-lo seu tempo libre a axudar os seus conveciños.
Os primeiros servizos facíanse con mais entusiasmo ca medios e foi nas festas patronais de setembro do mesmo ano cando botou a andar este colectivo.


Na Agrupación Local de Protección Civil do Carballiño levamos a cabo actividades como:
- Regulación/ordenación do tráfico en colaboración coa Policía Local ou a Garda Civil.
- Asistencia sanitaria en colaboración cos dispositivos sanitarios dos distintos eventos e, en especial co 061.
- Apoio as tarefas de extinción de incendios, tanto forestais, en colaboración co SPDIF como urbanos e industríais en colaboración co Servizo de Extinción de Incendios da Comarca do Carballiño e co Grupo Municipal de Emerxencias.
- Socorro e rescate como apoio os servizos profesionais.
- Colaboración coas Forzas e Corpos de Seguridade do Estado na procura de persoas desaparecidas.
- Servizos preventivos relacionados con estas tarefas en eventos lúdicos, culturais, deportivos etc.
- Fomento da autoprotección e formación para a mesma.
- Información os/as cidadans nos actos públicos sobre a nosa labor e sobre os posibles perigos e riscos existentes.
En xeral, asistir e axudar aos servizos de emerxencia no desenvolvemento da súa labor profesional ou colaborar con eles. Tamén xestionar e coidar os refuxios provisionais en casos de catástrofes e atender a poboación afectada neles.
¿A que nos adicamos?
Agrupación Local de Protección Civil do Carballiño
Esta entidade naceu orixinariamente coma unha Agrupación de Voluntarios de Protección Civil e como tal, a maioría das nosas actividades pertencen ou teñen algunha relación con este eido.
Os numerosos ataques que sofre o noso medio ambiente e, sobre todo, a plága que constituen os incendios forestais, levounos a asumir e implantar novos proxectos de intervención neste eido, na maioría dos casos, en colaboración con outras entidades (administracións, grupos conservacionistas/ecoloxistas).
A Agrupación non desenvolve directamente ningún programa relacionado cos servizos sociais, senón que colabora activamente cos seus recursos humanos e materiais con aquelas iniciativas (públicas ou privadas) que o solicitan.
O colectivo participa en toda a atención sanitaria en colaboración cos dispositivos sanitarios dos diferentes eventos e, especialmente co 061, o Grupo pode desenvolver outras tarefas ou actividades relacionadas con este ámbito como xa fixo durante a pandemia de COVID.
A Agrupación colabora a cotío con aquelas iniciativas, tanto públicas como privadas que fomentan e desenvolvan actividades culturais.
Dende a Agrupación Local de Protección Civil do Carballiño tratamos de fomenta-lo deporte, non só de cara ós nosos voluntarios (o que redunda nunha maior capacidade de intervención) senón tamén (coa axuda doutras entidades) promocionalo no noso ámbito de actuación.